mércores, 19 de setembro de 2018

AS NECESIDADES HUMANAS versus ESCASEZA

Na nosa vida, a cotío, debemos resolver dilemas. O único xeito de facelo e tomando decisións que nos obrigan a enfrontarnos a dous conceptos contrapostos: a ESCASEZA e as NECESIDADES HUMANAS

Definición de escaseza: situación na que certo ben ou servizo atópase en cantidades insuficientes. A escaseza aparece cando, diante dun determinado ben ou servizo, poderíamos proporcionar un USO VALIOSO a unha UNIDADE ADICIONAL dese ben ou servizo.

As necesidades humanas son, nun principio, ilimitadas. Sempre temos necesidades, sexan do tipo que sexan.

O psicólogo norteamericano, Abraham Maslow estudou as necesidades humanas. Segundo el, as necesidades humanas explican o comportamento humano, xa que a única razón pola que unha persoa fai algo é para satisfacer as súas necesidades.

Deseñou unha pirámide, coa premisa de que en canto os seres humanos satisfacen unhas necesidades, enseguida formulan outras de categoría superior




Poderíamos tamén dividilas en:
- PRIMARIAS (vitais, naturais)
-SECUNDARIAS (suntuarias, sociais)
- INDIVIDUAIS
- COLECTIVAS (privadas ou públicas)

A confrontación entre bens e servizos escasos con necesidades humanas ilimitadas obriga sempre a ter que facer unha elección. Debe resolverse o dilema entre:
- recursos limitados: bens e servizos escasos
- necesidades humanas ilimitadas: de calqueira tipo e intensidade

A Economía estuda como a sociedade soluciona este dilema. Polo tanto debe decidir:
- que bens e servizos producir cos recursos, que son escasos
- como producilos (que traballo e tecnoloxía empregar)
- para quen producilos, é dicir, como se reparte esa produción.


PRACTICAMOS

Neste enlace podemos ver os 10 países máis ricos e os 10 máis pobres (datos de 2017). Nestoutro enlace a información é de 2018. Despois de velos ides dicir:
1.  cales credes que son as súas necesidades primarias, secundarias, individuais e colectivas?.
2. Posibilidades de acadalas
3. Relación entre necesidade desas poboacións e recursos


martes, 18 de setembro de 2018

Entendendo e interpretando gráficas

Hai que ter moito coidando cando vexamos unha gráfica. Debemos saber interpretala e atopar posibles "arranxos" segundo o interese de quen as fai públicas. Aquí tedes uns exemplos de gráficas que poden dar mal a información.

Traballemos un pouco coas gráficas.