mércores, 30 de outubro de 2019

A EMPRESA

Imos curiosear por este enlace da revista Emprendedores e despois oiremos as vosas opinións.

Reflexionamos:
1. Que é para ti unha empresa?
2. Que tipos de empresas coñeces? Fai unha clasificación empregando algún criterio
3. Como clasificarías os elementos que hai dentro dunha empresa?
4. Hai empresas que buscan aumentar a súa produtividade, que cres que significa? Como poderías ti aumentar a túa produtividade cando estudas para un exame?
5. Se te contratasen para dirixir unha empresa e a túa misión principal fose aumentar os beneficios, como o farias?

Vemos este vídeo




Responde:
6. É o mesmo empresa que negocio? Cal é a diferencia?
7. Ti como cres que comezarías no mundo da actividade empresarial?
8. Cal son as partes dunha empresa, segundo se ve no vídeo?


DEFINICIÓN DE EMPRESA
Conxunto de elementos organizados e coordinados pola dirección, orientados á obtención dunha serie de obxectivos, actuando sempre baixo condicións de risco.

Le esta información sobre unha empresa finesa

Que opinas?




TAREFA 1

Mira esta páxina e despois 
- Busca unha empresa que reúna algúns dos requisitos vistos aí.

TAREFA 2

Despois de ver os seguintes vídeos respondede unhas preguntas:



1. Di as partes nas que cres que se divide esta empresa
2. Quen ten a propiedade e o control?
3. Que obxectivos credes que ten Zara?

TAREFA 3

Despois de ver os vídeo anteriores contesta a estas cuestións:


1.  Poderías dicir dous elementos do seu capital fixo e dous do circulante? [elementos de capital fixo son aqueles que permanecesn na empresa máis dun exercicio económico]

2.  Poderías poñer dous exemplos de elementos tanxibles e non tanxibles? [elementos tanxibles serían maquinaria, instalacións, mercadurías, hardware.... Os intanxibles serían o software, patentess, dereitos de autor, todo o que non ten un soporte físico]     





























mércores, 18 de setembro de 2019

Orixe do termo ECONOMÍA

Ven de dous termos gregos:  oikos (casa, patrimonio) e nomos (administración, lei). Na súa orixe, economía significaba a administración da casa.
Hoxe en día a Economía estuda as distintas solucións (que producir, como facelo, como repartir os produtos obtidos da terra ou da industria, etc) que as sociedades e as familias foron propoñendo ao longo da historia para mellorar as súas condicións de vida e satisfacer as súas necesidades (que son ilimitadas)  cos recursos dispoñibles (que son limitados) e cos que eran capaces de producir e que son susceptibles de usos alternativos.

mércores, 19 de setembro de 2018

AS NECESIDADES HUMANAS versus ESCASEZA

Na nosa vida, a cotío, debemos resolver dilemas. O único xeito de facelo e tomando decisións que nos obrigan a enfrontarnos a dous conceptos contrapostos: a ESCASEZA e as NECESIDADES HUMANAS

Definición de escaseza: situación na que certo ben ou servizo atópase en cantidades insuficientes. A escaseza aparece cando, diante dun determinado ben ou servizo, poderíamos proporcionar un USO VALIOSO a unha UNIDADE ADICIONAL dese ben ou servizo.

As necesidades humanas son, nun principio, ilimitadas. Sempre temos necesidades, sexan do tipo que sexan.

O psicólogo norteamericano, Abraham Maslow estudou as necesidades humanas. Segundo el, as necesidades humanas explican o comportamento humano, xa que a única razón pola que unha persoa fai algo é para satisfacer as súas necesidades.

Deseñou unha pirámide, coa premisa de que en canto os seres humanos satisfacen unhas necesidades, enseguida formulan outras de categoría superior




Poderíamos tamén dividilas en:
- PRIMARIAS (vitais, naturais)
-SECUNDARIAS (suntuarias, sociais)
- INDIVIDUAIS
- COLECTIVAS (privadas ou públicas)

A confrontación entre bens e servizos escasos con necesidades humanas ilimitadas obriga sempre a ter que facer unha elección. Debe resolverse o dilema entre:
- recursos limitados: bens e servizos escasos
- necesidades humanas ilimitadas: de calqueira tipo e intensidade

A Economía estuda como a sociedade soluciona este dilema. Polo tanto debe decidir:
- que bens e servizos producir cos recursos, que son escasos
- como producilos (que traballo e tecnoloxía empregar)
- para quen producilos, é dicir, como se reparte esa produción.


PRACTICAMOS

Neste enlace podemos ver os 10 países máis ricos e os 10 máis pobres (datos de 2017). Nestoutro enlace a información é de 2018. Despois de velos ides dicir:
1.  cales credes que son as súas necesidades primarias, secundarias, individuais e colectivas?.
2. Posibilidades de acadalas
3. Relación entre necesidade desas poboacións e recursos


martes, 18 de setembro de 2018

Entendendo e interpretando gráficas

Hai que ter moito coidando cando vexamos unha gráfica. Debemos saber interpretala e atopar posibles "arranxos" segundo o interese de quen as fai públicas. Aquí tedes uns exemplos de gráficas que poden dar mal a información.

Traballemos un pouco coas gráficas.